O Centro de día de Lourenzá está situado no antigo campo da feira de gando, moi preto do albergue de peregrinos e do ximnasio municipal. Aínda que non estamos no centro do pobo, na época de verán temos a compañía de decenas de peregrinos que nos alegran as vistas a través dos enormes ventanais acristalados do centro.

Sempre decimos que o noso centro é unha pequena-gran familia na que o cariño, a parte humana do seu persoal e a proximidade e calidez do seu trato diario son a nosa sinal de identidade. E qué dicir dos maiores que nos acompañan? Contamos con auténticos artistas da copla galega, refraneiros populares a montóns, bailadoras que se apuntan a calquera festa, comedores de churros profesionais e un par de pillabáns que nos enchen esta especial casa de sorrisos e alegrías.

A nosa equipa de traballo

EDUCADORA SOCIAL/COORDINACIÓN: Nazaret Cruz Leal TRABALLADORA SOCIAL: Mª Teresa Millares Rodríguez TERAPEUTA OCUPACIONAL: Lourdes López Villar XEROCULTORA: Sonia Carril Iglesias XEROCULTORA: Lucía Rodríguez Iglesias XEROCULTORA: Araceli Alfonso Martínez XEROCULTORA: Sonia García Soto

O noso centro... o noso lar